Guía para mellorar a saúde mental da comunidade educativa
CCOO Ensino propón unha serie de medidas, plans e accións preventivas para coidar a saúde mental de todas as persoas e profesionais que compoñen a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado e as propias Administracións, as cales deben actuar tamén como garantes e promotoras dos plans e actuacións que sexan necesarias para conseguilo.
No Día Mundial da Saúde Mental, desde CCOO Ensino presentamos esta infografía que resume claramente as nosas propostas e reivindicacións para acadar o benestar e o desenvolvemento dunhas vidas plenas e satisfactorias.