Terceira xornada de loita: centos de traballadoras da educación infantil 0-3 esixen convenio digno e salarios xustos

Este terceiro día de folga e manifestación demostrou que a reivindicación non se debilita, ao contrario, medra día tras día. A pesar das inclemencias climáticas e dos servizos mínimos abusivos, o colectivo continúa acudindo masivamente ás manifestacións, e a súa indignación só aumenta. As traballadoras da educación infantil 0-3 de Galicia están decididas a non dar un paso atrás ata que se atendan as súas demandas e se lles recoñezan os seus dereitos.

O próximo chamamento á acción está fixado para o 15 de novembro, con convocatoria única en Santiago de Compostela. Agardamos que a mobilización continúe aumentando tanto en número como en intensidade.

Publicado o 08 de novembro de 2023

O 8 de novembro, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela foron escenario dunha nova mobilización, que vén gañando forza e determinación a cada día que pasa. A terceira xornada de folga e manifestación da educación infantil 0-3 foi un rotundo éxito, superando todas as expectativas iniciais.

As rúas das tres cidades galegas enchéronse de traballadoras da educación infantil, cun lema claro e conciso: "Por un convenio digno e salarios xustos. Polo desbloqueo das negociacións." A mobilización demostrou que a loita por un tratamento xusto e condicións laborais adecuadas non só non decaeu, senón que está a medrar.

Na Coruña e Vigo, estímase que 250 persoas saíron ás rúas para facer valer os seus dereitos. En Santiago de Compostela, foron máis de cen as traballadoras que encheron as rúas coa súa presenza. O movemento cobrou forza en todas as cidades, onde a determinación e o apoio foron palpables en cada paso das manifestacións.

A pesar dos servizos mínimos impostos, que afectaron severamente a moitas escolas infantís, a participación na folga foi sobranceira. Algúns centros alcanzaron unha participación do 100 % das súas traballadoras, o que demostra a unidade e a determinación do colectivo. Aínda con servizos mínimos abusivos, o colectivo non retrocedeu na súa loita e mostrou a súa indignación ante as condicións laborais insatisfactorias que están a soportar.

CCOO non deixará sen denunciar os servizos mínimos excesivos que foron impostos e seguiremos loitando polo recoñecemento dos dereitos laborais das traballadoras da educación infantil 0-3. A vindeira convocatoria está prevista para o día 15 de novembro en Santiago de Compostela, e a expectativa é que a mobilización siga crecendo en número e forza.

Cobertura da mobilización nos medios de comunicación: