Aberto o prazo para acreditar centros, coordinadores e titores para as prácticas do máster de profesorado e do curso de formación pedagóxica e didáctica do PTFP
RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.
- Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional
RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.
Prazo de presentación de solicitudes: do 5 ao 18 de setembro de 2023, ambos incluídos.
Publicado o 05 de setembro de 2023