Apertura do prazo para renunciar ao CADP
PRAZO: desde o 15 ata o 31 de maio de 2023, ambos incluídos
Todos aqueles soliciten non participar no CADP deberán facer a renuncia en https://www.edu.xunta.gal/substitutos/.

O persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo quinto do acordo de interinos/as (RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias).
As causas de renuncia son as seguintes (consultar a orde para acceder a todos os detalles):
- Coidado de fillos/as
- Coidado de familiares por motivos de saúde
- Enfermidade grave do propio docente
- Ser vítima de violencia de xénero, sexual ou terrorista
- Ampliación de estudos universitarios oficiais
- Servicios especiais
- Ter outro contrato de traballo, ser autónomo/a, ou prestar servizos noutro posto do sector público
- Estar impartindo cursos de formación relacionados coa lingua galega impartidos pola Secretaria Xeral de Política Lingüística