Convocado curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos, empresarios/as e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

 Inscrición na páxina da EGAP.

 Resolución no DOG

Publicado o 17 de marzo de 2023

Curso de 60 horas de duración, en modalidade de teleformación. Do 18 de abril ao 16 de xuño de 2023. Tres edicións, cen prazas por edición.

Contido:

  1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
  2. Riscos xerais e a súa prevención.
  3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
  4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
  5. Primeiros auxilios.
  6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

 Máis información, na páxina da EGAP.