Concurso de Adultos 23-24

Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Resolución provisional

Consulta de instancias e baremos (videotitorial)

  • Dispoñible na web do CXT – Prazo de reclamacións do 7 ao 14 de febreiro de 2024, ambos incluídos

Convocatoria

Base vixésimo primeira. Participación simultánea no concurso xeral de traslados ou outros sistemas de provisión definitiva no curso 2023/24

O profesorado que obteña destino definitivo para o curso 2024/25 nesta convocatoria non poderá obter destino no concurso xeral de traslados nin noutros que convoque esta consellería e, para estes efectos, será excluído da participación dos procedementos de provisión definitiva convocados este curso académico 2023/24.