Táboas salariais do ensino non regrado 2023

O pasado mes de xullo, CCOO asinaba as táboas salariais para 2023. Os aspectos máis relevantes son os seguintes:

  • Incrementos das retribucións entre un 3,75 % e un 8 % sobre todos os conceptos retributivos.
  • Retroactividade desde o 1 de xaneiro de 2023.
  • Incremento do 8 % para os postos de traballo vinculados ao salario mínimo interprofesional (SMI), ata chegar aos 15 120 euros anuais para 2023. Cómpre sinalar que, para acadar o SMI, ten que sumar o salario base e o complemento de dedicación, o que supón a imposibilidade de absorción de calquera outro complemento salarial.
  • Incremento adicional de 300 euros anuais no salario base (+5,71 % do salario base en total) aos catro postos de traballo para os que se esixe maior titulación e sobre os que recae directamente a maior responsabilidade educativa: profesor/a titular, profesor/a de taller, educador/a social e titulado/a non docente.

É importante salientar que as ditas táboas salariais aínda non están publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) e que, polo tanto, as empresas poden non actualizar os salarios mentres non se publiquen. Unha vez realizado este trámite, disporán dun prazo de dous meses, desde a publicación, para facer efectivos os atrasos que en cada caso poidan corresponder.

 infórmaTE: táboas salariais 2023