Menores


img

Os traballadores e traballadoras dos centros de menores da Fundación Camiña Social da Coruña mobilízanse

Os traballadores e as traballadoras levan cos salarios conxelados desde 2014.

img

Convocada folga e concentracións pola recuperación do poder adquisitivo nos centros Concepción Arenal e CIEMA, xestionados por Camiña Social

As organizacións sindicais CCOO Ensino, CIG-Ensino e UGT-Servizos, ademais dunha folga, teñen convocadas dúas concentracións para mañá, mércores 12 de xullo, unha ás 11 horas diante do Centro de Menores Concepción Arenal (Lugar de Palavea, 2 , 15008 A Coruña) e outra diante do Edificio Administrativo de Monelos ( rúa Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña), cun desprazamento dun sitio ao outro a modo de caravana reivindicativa de coches, pola recuperación do poder adquisitivo dos salarios, na defensa do convenio colectivo propio e pola mellora do servizo que se presta aos menores. 

img

O persoal dos centros de Camiña Social esixe un aumento salarial tras unha década de conxelación das retribucións

CCOO-Ensino sinala que a falta de recursos materiais e humanos está a provocar o incumprimento dos pregos da concesión 

(accede á nota de prensa)

img

FUNDACIÓN DIAGRAMA

 

img

CCOO DENUNCIA O BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS DO CONVENIO COLECTIVO POR PARTE DE FUNDACIÓN DIAGRAMA

Despois dun ano de negociación, non houbo avances ante a postura inmobilista da Fundación e a negativa a facer ningunha proposta en materia salarial nin de mellora de condicións.

img

SINATURA DO III CONVENIO COLECTIVO ESTATAL DE REFORMA XUVENIL E PROTECCIÓN DE MENORES