Novas de Áreas - Igualdade

img

Manifesto de CCOO ante o 8 de marzo de 2023

Simone de Beauvoir dicía que «mediante o traballo foi como a muller puido franquear a distancia que a separa do home. O traballo é o único que pode garantirlle unha liberdade completa» e esta liberdade é difícil de conseguir sen autonomía económica. Non hai nada máis duro que unha muller maltratada que non pode saír da violencia pola súa dependencia económica.

 Manifesto 8M 2023

img

Anos de loita e #OrgulloDeSer no traballo

  • Porque foron, somos. Porque somos, serán.
  • En CCOO, como sindicato de clase e axente de igualdade, levamos anos traballando a prol dos dereitos sociais e laborais das persoas LGTBI+ e en contra de calquera discriminación por razón de orientación sexual ou identidade ou expresión de xénero. Anos pelexando por erradicar a violencia e o acoso. Por garantir o respecto á dignidade das persoas e a súa diversidade. Pola salvagarda, en definitiva, dos dereitos humanos. 

img

Día internacional das persoas con dispacacidade

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. Asegurar que poidan exercer os seus dereitos laborais e sindicais, sen ningún tipo de discriminación, é a nosa prioridade.

img

Orgullo de ser. Un todo que suma

Co lema "Os dereitos humanos non se negocian, lexíslanse. Lei Trans xa" celebramos este ano o Día do Orgullo LGTBI+ en que recuperamos as rúas respectando todas as medidas de seguridade, desde CCOO reiteramos as nosas propostas, recollidas na Plataforma reivindicativa de dereitos LGTBI+, e reclamamos con ela medidas que garantan a igualdade efectiva de toda a comunidade LGTBI+.