Novas de Áreas - Saude Laboral
28 de Abril 2022, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo
Logo de dous anos de pandemia pola covid-19, púxose de manifesto que a saúde pública e a saúde laboral deben ir da man. Quedou patente que garantir as condicións de seguridade e saúde nos centros de traballo foi unha das claves para conter e controlar a transmisión de virus na sociedade.
Declaración responsable para os efectos da cobertura de persoal docente e non docente
Para que os centros poidan solicitar a tramitación da cobertura para substituír ao persoal docente e non docente e que non exime da correspondente presentación do parte médico de incapacidade temporal unha vez expedido, de acordo coa normativa concordante, na páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais.
CCOO Ensino demanda desdobramentos e máis profesorado para atallar o crecente número de positivos por COVID nos centros educativos
O sindicato xa advertira ao inicio de curso que era unha temeridade por parte da Consellería reducir a distancia interpersoal de 1,5 metros a 1,2 coa mera intención de recortar profesorado e aumentar as ratios nas aulas.
Na actualidade, con máis dun centenar de aulas pechadas e os preto de 1500 positivos por COVID, a realidade amosa que as medidas adoptadas pola Consellería son insuficientes para seguir loitando contra a pandemia.
CCOO denuncia que a Consellería segue sen cumprir o requerimento feito pola inspección de traballo
O pasado 7 de abril, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, requiriu á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, con data 07/04/2021 o cumprimento en materia de saúde laboral que denunciamos desde CCOO ensino.
Sanidade chamará ao persoal dos centros educativos para a segunda dose en breve cumprindo coa pauta de 16 semanas
- Será obrigatorio asinar o consentimento informado tanto se a persoa decide que se lle vacina con AstraZeneca ou con Pfizer
- Cada persoa recibirá un SMS coas ligazóns a dous consentimentos informados. Desde CCOO ensino recomendamos levalo asinado ao fin de axilizar o proceso ( Consentimento Informado AstraZeneca Consentimento Informado Pfizer ) aínda que se poderá asinar no centro hospitalario correspondente.
- Vacinarase na área sanitaria onde se administrou a primeira dose.
CCOO ENSINO mantén a postura trasladada a Saúde Pública de permitir recibir a 2ª dose de AstraZéneca a toda a persoa que así o solicite
Ante a posibilidade de incoluar con Pzifer como 2ª dose ás persoas que recibimos a 1ª dose de AstraZéneca, para completar o proceso de vacinación, CCOO ensino manifestamos a postura que trasladamos a Saúde Pública e que coincide coa opinión da propia Consellería de Sanidade, que é aplicar a directriz da EMA e completar a inmunización coa mesma vacina