Sen financiamento estrutural e persoal adecuados non hai futuro para a universidade pública
Nas reunións que está a celebrar o Ministerio de Universidades cos diferentes actores da comunidade universitaria e, en concreto, nas que participa CCOO (as dúas últimas celebráronse o 13 e o 18 de outubro), o sindicato criticou que o anteproxecto de Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) non contemple unha memoria económica específica, explícita e suficiente, que garanta os gastos que necesariamente conlevan a adaptación e estabilización dos cadros de persoal para cumprir coa erradicación da precariedade do profesorado universitario. Tampouco se observa unha política proactiva para reverter os recortes sufridos na última década, de máis de 1.400 millóns de euros. Así, non será posible a modernización da universidade española, a dignificación das condicións laborais do seu persoal, ou o acceso de todos os cidadáns e as cidadás á educación superior en equidade, coa diminución drástica ou gratuidade de prezos públicos.