A Plataforma Galega en defensa da Universidade Pública convoca concentracións en todos os campus de Galicia
Serán o martes, 11 de febreiro de forma simultánea ás 11 horas nos sete campus galegos
Despois de que non houbera marcha atrás no proxecto de creación da primeira universidade privada da man de Abanca comezan as primeiras mobilizacións da Plataforma galega en defensa da universidade pública na que esta integrada CCOO ás que está convocada toda a comunidade educativa e toda a sociedade galega.