Novas de Persoal Laboral

img

Toda a información sobre a comisión de persoal ordinaria do 22 de marzo de 2023 (PSEC)

InfórmaTE sobre a comisión de persoal ordinaria que tivo lugar o día 22 de marzo de 2023, onde se trataron os seguintes temas:

  • Proposta de acordo entre a Consellería do Mar e as organizacións sindicais sobre as condicións de traballo de determinadas prazas adscritas aos servicios periféricos da Consellería.
  • Modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar.
  • Modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social.
  • Información sobre os acordos de carreira propostos na comisión de seguimento.
  • Rogos e preguntas.

 infórmaTE en PDF

 

img

Toda a información da xuntanza da comisión de seguimento da carreira profesional do persoal da Xunta de Galicia do 21 de marzo de 2023

O dia 21 de marzo tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Carreira  profesional  para  o  persoal  funcionario  e  laboral.  Nela  tratáronse os seguintes temas:

  • Supostos para o cómputo de antigüidade aos efectos de cumprir os requisitos establecidos para o recoñecemento do grao que corresponda.
  • Interpretación da valoración dos cursos CELGA.
  • Cláusula adicional segunda. Recoñecemento de grao de carreira mediante sentencia xudicial.
  • Valoración do nivel.
  • Rogos e preguntas.

Consulta o resto da información:

 infórmaTE en PDF

img

InfórmaTE sobre a Xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos do 17 de marzo de 2023 (PSEC)

Nota informativa de CCOO da xuntanza da Mesa Xeral de EEPP, na que se trataron os seguintes temas:

  • Modificación da RPT referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente ao corpo de Agrupación profesional do  persoal  funcionario,  escala  de  persoal  de  limpeza  e  cociña  e  recursos  naturais  e forestais (especialidade de persoal de limpeza e cociña).
  • Modificación da Relación de Postos da consellería do Mar.
  • Modificación  da  RPT  da  Consellería  de  Política  Social  e  Xuventude  consistente  na transformación dunha praza de laboral en funcionario.
  • Proxecto  de  Orde,  no  relativo  a  flexibilidade  horaria  por  motivos  de  conciliación familiar  de  acordo  co  establecido  na  Lei  5/2021,  do  2  de  febreiro,  de  impulso demográfico da Galicia ou desfrute da bolsa de horas de libre disposición por motivos de conciliación familiar. 
  • Rogos e preguntas

 infórmaTE en PDF

img

Convocatoria para a elección de destino provisional para as persoas que superaron o proceso selectivo de persoal subalterno

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino remitirán ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso. En caso de que a persoa non o recibise correctamente, no prazo de hoxe e mañá (do 22 ao 23 de marzo) terá que poñerse en contacto co teléfono 881 99 98 83.

 Resolución

img

Convocado curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos, empresarios/as e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

 Inscrición na páxina da EGAP.

 Resolución no DOG

img
img
img