InfórmaTE de retribucións xaneiro 2024
Toda a información, completa e actualizada, sobre as retribucións para docentes do ensino público no inicio de 2024.
Información provisional ata a publicación dos Presupostos Xerais do Estado 2024 ou articulación de mecanismo extraordinario para o percibimento da suba do 0,5 % correspondente á variable ligada ao PIB do ano 2023 e a suba fixa do 2 % para o ano 2024.
Cadro resumo de retribucións 2024
Consulta o cadro resumo PROVISIONAL que contén as retribucións mensuais detalladas; descontos de pasivos, MUFACE e cota obreira; trienios e sexenios; cargos directivos, e complementos.
Revista TE de retribucións 2024
Toda a información, completa e actualizada, sobre as retribucións PROVISIONAIS para docentes do ensino público no ano 2024.
Máis contas e menos contos
Por desgraza, debemos continuar coa serie de aclaracións sobre as desinformacións intencionadas que se están publicando sobre o Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes. Pero como di o refrán… Quen cala, outorga!
Nesta ocasión toca explicar cales son as cantidades das melloras retributivas e como se reparten entre o profesorado en función das súas características.
SUBAS SALARIAIS POR CORPO DOCENTE
Acordos sobre retribucións asinados por CCOO
- Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes (2023)
- Acordo marco para unha administración do século XXI (2022)
- Acordo para a mellora do emprego público e as condicións de traballo (2018-2020)
- Acordo de homologación retributiva do 18 de xullo de 2018