Novas de Ensino Público
Publicada a listaxe de admitidos/as e excluídos/as da integración no corpo de Secundaria do PTFP
Actualización do 8 de marzo de 2023 ás 21:33:
Engadido un novo anexo á resolución:
Publicada a resolución provisional do CXT de mestres/as
Publicada POR FIN na web da Consellería a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados do corpo de mestres.
- Consulta a adxudicación
- Listaxe de persoas excluídas
CCOO denuncia a posible vulneración da negociación colectiva e a falta de transparencia na creación do complemento salarial para o PTFP
No Consello da Xunta de 2 de marzo, aprobouse un complemento salarial específico para compensar a 665 docentes do corpo Profesores Técnicos de FP que non poden integrarse no corpo de Profesorado de Ensino Secundario (PES). CCOO Ensino congratúlase por iso, pero déixase a súa sorte a outros colectivos. Ademais, a negociación das condicións salariais ten o seu ámbito na Mesa Sectorial e os interlocutores son as organizacións sindicais.
CCOO Ensino denuncia que non se pretenda estender o dereito ao complemento salarial ao profesorado interino con carácter retroactivo, como vai suceder co profesorado de carreira. Tampouco se estende aos compañeiros do corpo de sectores singulares da FP, nin ao profesorado xubilado despois de xaneiro de 2019.
Finalmente, CCOO Ensino reclama que tal complemento salarial sexa tamén extendido ao resto de persoal docente que permanece aínda en grupo A2.
Orde do día da Mesa Sectorial do 7 de marzo de 2023
ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN
Na Mesa Sectorial do día 7 de marzo non se tratarán os Proxectos de orde do punto 4 da orde do día. A previsión é que eses temas se traten nunha Mesa o día 14 de marzo.
Envía as túas achegas para esta mesa a ensino@galicia.ccoo.es
Xa podes participar na segunda edición do Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo
A Internacional da Educación, en colaboración coa Rede Educación e Solidariedade e a cátedra Unesco de Educación e Saúde, puxeron en marcha en 2021 o primeiro Barómetro Internacional de Saúde e Benestar do Persoal Educativo. Este ano lánzase a segunda edición deste Barómetro na que participarán 13 países, entre eles España (coordinado pola Federación de Enseñanza de CCOO).
Asemblea sobre a Addenda do Acordo de interinos
Asemblea telemática sobre a addenda do acordo de interinos.
- Explicaremos a proposta da Consellería
- Escoitaremos a túa opinión!
Mércores 1 de marzo ás 18:00
Relatores: Iria Yáñez e Borja Campos
Aforo limitado a 100 prazas.
Listaxe definitiva de admitidos/as no concurso de méritos extraordinario de estabilización
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocados mediante a Orde do 19 de outubro de 2022.
Procedemento de reclamación: interposición de recurso de reposición na sede electrónica utilizando o código de procedemento: ED001B ou mediante solicitude xenérica (en caso de non aparecer na listaxe de admitidos nin rexeitados).
Prazo para interpor recurso de reposición: 1 mes.
Listaxe definitiva de persoas admitidas
Ábrese o prazo para a actualización do expediente persoal para o funcionariado en prácticas
- Dende o 20 de febreiro ata o 3 de marzo de 2023 (incluído)
- No enderezo web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/