A aplicación da nova orde de conciliación o curso pasado xerou inseguridade no profesorado afectado. Así, tras negociar a súa modificación na Mesa Sectorial, CCOO-Ensino logra que a Administración a modifique e clarifique na orde os seguintes aspectos:
Poden optar a estas comisións as persoas que acaben de aprobar as oposicións.
Para as familias dun único proxenitor amplíanse os límites de idade:
- Ata 8 anos con 1 fillo/a
- Ata 10 anos con 2 fillos/as
- Ata 16 anos con 3 fillos/as.
Os tipos de concilia son:
TIPO II: 2 fillos/as menores de 6 anos ou menores de 10 nas familias cun único proxenitor.
TIPO III: 3 fillos/as menores de 12 anos ou menores de 16 nas familias cun único proxenitor.
A presentación de solicitudes farase exclusivamente de xeito telemático.
Hai que solicitar en primeiro lugar algún centro da localidade ou localidades situadas nun raio de 20 km da residencia. De solicitar centros ou localidades a máis de 20 km da residencia, deberán consignarse primeiro todos os de menos de 20 km, agás as excepcións citadas.
Pódense exceptuar os seguintes centros:
- Centros penais
- Centros específicos de adultos
- Centros ordinarios que impartan ensinanzas de adultos
- Centros con ensinanzas en réxime de xornada partida
Prazo de solicitudes: do 23 de maio ao 5 de xuño.
Quen aprobe as oposicións ten 2 días hábiles tras a publicación de aprobados polo tribunal para presentar a solicitude.
O profesorado que non ten destino definitivo ten que presentar dúas solicitudes: ademais da solicitude da comisión, unha solicitude ordinaria de destino provisional.