Publicada a nova orde de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral

A aplicación da nova orde de conciliación o curso pasado xerou inseguridade no profesorado afectado. Así, tras negociar a súa modificación na Mesa Sectorial, CCOO-Ensino logra que a Administración a modifique e clarifique na orde os seguintes aspectos:

 Poden optar a estas comisións as persoas que acaben de aprobar  as oposicións.

 Para as familias dun único proxenitor amplíanse os límites de idade:

  • Ata 8 anos con 1 fillo/a
  • Ata 10 anos con 2 fillos/as
  • Ata 16 anos con 3 fillos/as

 A presentación de solicitudes farase exclusivamente de xeito telemático.

 É obrigatorio solicitar en primeiro lugar os centros da localidade ou localidades situados nun raio de 20 quilómetros do lugar de residencia.

 Pódense exceptuar os seguintes centros:

  • Centros penais
  • Centros específicos de adultos
  • Centros ordinarios que impartan ensinanzas de adultos
  • Centros con ensinanzas en réxime de xornada partida

Prazo de solicitudes: 10 días hábiles despois da publicación do Concurso de Traslados no DOG.

 Quen aprobe as oposicións ten 2 días hábiles tras a publicación de aprobados polo tribunal para presentar a solicitude.

 A resolución provisional publicarase na web da Consellaría e establécese un prazo de reclamación de 5 días hábiles.

 O profesorado que non ten destino definitivo ten que presentar dúas solicitudes: ademais da solicitude da comisión, unha solicitude ordinaria de destino provisional.