HABILITACIÓNS: apertura do prazo do 1 ao 31 de marzo

COMO ACCEDER AO SISTEMA?

 

PERSOAL CON CONTA DE CORREO DA CONSELLERÍA  

As persoas que teñen unha conta de correo electrónico do tipo @edu.xunta.es, deberán acceder pulsando o botón entrar. Despois de autenticarse, deberá acceder a través do menú acceso solicitantes.  

 

PERSOAL QUE NON TEN CONTA DE CORREO DA CONSELLERÍA 

Aquel persoal que non teña unha conta de correo electrónico do tipo @edu.xunta.es , deberá acceder a través do menú acceso solicitantes. Se é a primeira vez que accede á aplicación, poderá iniciar unha solicitude introducindo soamente o seu DNI/NIE para darse de alta na aplicación. No caso de ter algunha solicitude iniciada, deberá acceder co seu DNI/NIE e o código da solicitude. 

 

QUE DOCUMENTACIÓN SE DEBE PRESENTAR?

 

A solicitude de habilitación así como copias compulsadas da/s titulación/s, expediente académico, acreditación do coñecemento da lingua galega e mais da formación pedagóxica e didáctica.

 

Aquelas persoas que xa solicitaron en convocatorias anteriores e xa acreditaron a documentación necesaria para ser habilitadas: Celga 4, formación pedagóxica e didáctica e a certificación académica, non terán que presentala de novo .

 

Só se poderá presentar unha instancia por tipo de solicitude. No caso de presentar máis dunha instancia do mesmo tipo de solicitude, a xefatura territorial correspondente unicamente tramitará a última instancia rexistrada.

 

CALES SON OS PRAZOS PARA SOLICITAR A HABILITACIÓN?

 

Os prazos ordinarios de habilitación son os seguintes:

 

a) Do 1 ao 30 de xuño

b) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos incluídos

c) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos incluídos

d) Do 1 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos