Xuntanza da mesa negociadora do XV convenio discapacidade

XV Convenio Colectivo Estatal de Centros e Servizos de Atención a Personas con Discapacidade
O pasado 13 de febreiro tivo lugar a quinta reunión da mesa negociadora. Ante o inmobilismo nas “propostas” patronais, CCOO decidiu iniciar mobilizacións, xunto a UXT e CIG, para reverter a dinámica negativa do proceso negociador. 
 
Velaquí algunhas das materias que se trataron nesa reunión:

 

Propostas CCOO

Propostas Patronais

  • A xornada de traballo semanal será de 37,5 horas tanto para os centros de atención especializada como para os centros especiais de emprego. Adecuación da xornada anual á semanal. 1680 horas anuais.
  • A xornada laboral ha de estar reflectida no calendario laboral. A distribución irregular só se poderá aplicar logo da negociación coa  RLT. En ningún caso a distribución  irregular da xornada pode utilizarse como unha bolsa de horas a disposición da empresa.
  • 30 días de vacacións, que se gozarán entre o 01/06 e o 30/09. Seis días máis a gozar durante o ano.
  • Contrato en prácticas: manter, como mínimo, as retribucións do 85 % e 95 % para o primeiro e segundo ano.
  • Calendario laboral: fixalo durante o ano anterior.
  • Ningunha categoría con salario base e anual por baixo do SMI. Limitar así os efectos perniciosos dos reais decretos.
  • Incrementos salariais en 2017 e 2018, por
  • Non modificar a xornada. Non referencias á xornada semanal.
  • Incremento da xornada irregular do 10 % ao 1 5%. Bolsa de horas.
  • 25 días laborables de vacacións, condicio-nadas ao criterio da empresa para poder gozalas durante o período estival.
  • Contrato en prácticas: reducir as retribucións ao 60 % e 75 %, no primeiro e segundo ano respectivamente.
  • Ampliar ao primeiro trimestre do ano en curso a posibilidade de establecer o calendario laboral.
  • Respecto ao SMI, han de estudar a nosa proposta.
  • Conxelación salarial en 2017 e moderación en 2018.

 

  Desde CCOO dicimos, ASÍ NON! 

  CCOO aposta por REPOÑER DEREITOS, RECUPERAR SALARIOS, RECOÑECER A NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Comparte o que pensas