O Consello de Ministros aproba a modificación do Real decreto de acceso e ingreso polo que se rexerán os procedementos selectivos deste ano

 

 

Máis polo miúdo temos que: 

  • A ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global concurso-oposición será dun 60 % para a fase de oposición e dun 40 % para a fase de concurso.

 

  • Amplíase o número de temas que extraerá ao chou o tribunal para o desenvolvemento por escrito dun tema elixido pola ou polo aspirante.

 

  • Modíficase a puntuación asignada á experiencia docente previa dos candidatos e candidatas no concurso.
    • Experiencia previa: máximo 7 puntos
    • Formación académica: máximo 5 puntos
    • Outros méritos: máximo 2 puntos

 

  • Amplíase o número de anos que se valorarán para o cómputo da experiencia docente previa das e dos aspirantes, para a que se terá en conta un máximo de 10 anos.

 

 

Comparte o que pensas