8 de marzo, folga feminista polo Día Internacional da Muller

CCOO E UGT CONVOCAMOS UNHA FOLGA XERAL PARCIAL PARA O 8 DE MARZO (DÚAS HORAS POR QUENDA) PORQUE CÓMPRE VISIBILIZAR AS BRECHAS E DISCRIMINACIÓNS QUE, POR RAZÓN DE XÉNERO, EXISTEN NO MERCADO LABORAL E DAR RESPOSTA ÁS DEMANDAS E NECESIDADES DAS TRABALLADORAS.
 

RAZÓNS PARA A FOLGA XERAL DO 8 DE MARZO 

   Folga para quen?

CCOO chama á folga a todas as persoas que apoien as reivindicacións, independentemente do seu sexo, afinidade sindical, posto de traballo… Aínda que algún sindicato só convoca a mulleres, CCOO pensa que só implicando a toda a a sociedade e con amplísias mobilizacións conseguiremos reverter a discriminación que sofre a muller. 

    En que contexto celebramos este 8 do marzo?

  • Estamos nun contexto de recuperación económica (Rajoy acaba de anunciar unha nova actualización á alza do dato de crecemento económico) que non se está traducindo nunha mellora da situación das mulleres. As diferenzas acrecéntanse en mulleres novas, inmigrantes ou con discapacidade.
  • As reformas laborais e as políticas de recorte e austeridade, xunto coa decisión deste Goberno de non tomar medidas para avanzar nestas materias, están a provocar situacións de retroceso en moitos aspectos.
  • Aumenta a violencia machista. Transformouse, segundo a última enquisa do CIS, na terceira causa de preocupación da sociedade española.

   Que está a acontecer no noso mercado laboral? 

Segundo datos da media anual da EPA de 2017, en Galicia persiste a brecha en materia de emprego:

  • Hai máis mulleres en situación de desemprego que homes (o 50,3 %).
  • A taxa de paro feminina é 1,4 puntos superior á masculina. Hai máis de 98.000 mulleres desempregadas en Galicia.
  • Menor taxa de actividade. A taxa de actividade das mulleres é 8,8 puntos inferior á dos homes.
  • A contratación a tempo parcial ten nome de muller. Mentres que diminúe o emprego a tempo parcial masculino, o feminino non o fai. O 22 % do total de mulleres ocupadas traballan a tempo parcial e o 77,3 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres. 
  • As mulleres son as que maioritariamente seguen asumindo o coidado de fillos, fillas ou familiares. O 89,1 % das persoas que se acolleron á excedencia por coidado de fillos e fillas e familiares, coa implicación que ten para a súa carreira profesional e para a súa xubilación, son mulleres.
  • Persiste unha brecha salarial do 22 %. As mulleres galegas perciben de media 5.096 € menos ca os homes ao ano.

  E A ISTO HAI QUE ENGADIR A INTOLERABLE VIOLENCIA MACHISTA:

  • O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero é insuficiente. 
  • É NECESARIO ESTABLECER MEDIDAS NO ÁMBITO LABORAL DE APOIO E PROTECCIÓN ÁS MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.
  • Son precisos recursos económicos e humanos suficientes (dende o 2010 reduciuse en máis de 3 millóns de euros en Galicia, e en 20 no Estado, o gasto orzamentario dedicado a establecer medidas para a igualdade e contra a violencia de xénero).

TEMOS QUE DAR UN PASO MÁIS PORQUE…

1.  O GOBERNO XA PUXO DE MANIFESTO O QUE LLE IMPORTA A DISCRIMINACIÓN DA MULLER NO MERCADO DE TRABALLO.

«Non nos metamos niso» son as palabras coas que Rajoy se referiu á brecha salarial, posición que tivo que rectificar ante a opinión pública, pero seguramente non o fará nas súas políticas.

  • INCUMPRE, NON SÓ A CONSTITUCIÓN —ARTIGOS 9 E 14—, SENÓN QUE FALTA Á PALABRA DADA NO SEU DISCURSO DE INVESTIDURA DE 2011, cando anunciou un plan especial a favor da igualdade de homes e mulleres no ámbito laboral, co fin de loitar contra a discriminación salarial entre sexos. PASARON SETE ANOS.
  • Incumpre xa un dos principios do PIAR EUROPEO DOS DEREITOS SOCIAIS, que asinou o pasado 17 de novembro en Gotemburgo e que forma parte da estratexia europea. No seu capítulo I, artigo 2, sobre igualdade de oportunidades e de acceso ao mercado de traballo, recoñece que as mulleres e os homes —textualmente— teñen dereito á igualdade de retribución para un traballo de igual valor.

2.  Ao Goberno DISPÁRASELLE O TRIUNFALISMO CO MERCADO DE TRABALLO, e tamén coa situación da muller.

  • Non é verdade "que haxa máis mulleres ca nunca traballando no noso país" como dixo a ministra de Emprego na súa comparecencia na Comisión de Emprego do Congreso dos Deputados do pasado 26 de xaneiro. Tampouco en Galicia, xa que cos datos da EPA dos últimos once anos pódese comprobar que en 2017 houbo 501.400 mulleres ocupadas, 27.500 menos que no ano 2008. O mesmo sucede en termos de taxa de emprego.
  • Tampouco é verdade que teñamos a brecha salarial máis baixa da historia. Os datos de Eurostat aos que se refire a ministra non teñen en conta as pagas extraordinarias nin as empresas de menos de dez traballadores e traballadoras. A enquisa de custos salariais do INE sinala que a brecha se estreitou desde 2013 como consecuencia da desvalorización salarial provocada pola reforma laboral e que reduciu moito o salario dos homes, pero é superior á que existía en 2010.

Segundo os datos da enquisa de estrutura salarial do INE, en 2010 a brecha salarial anual en Galicia era do 21,8 %, en 2013 chegou ao 23,4 %, no 2014 descendeu ao 20,9 % e no 2015 volve incrementarse situándose no 22 %, polo que segue estando por riba da do ano 2010.

3. O EMPRESARIADO SEGUE MIRANDO PARA OUTRO LADO

  • NON POÑEN VONTADE EN PECHAR AS BRECHAS, CANDO TEÑEN A TIXOLA POLO RABO NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA CO PODER QUE LLES DEU O GOBERNO TRAS A REFORMA LABORAL.
  • REMÍTENSE Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA E NON NEGOCIAN NA PRÁCTICA PLANS DE IGUALDADE.
  • SÓ HAI 189 PLANS DE IGUALDADE REXISTRADOS NO ÁMBITO ESTATAL, PERO EXISTEN MÁIS DE 4.000 EMPRESAS CON MÁIS DE 250 TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE TEÑEN A OBRIGA DE TER PLANS DE IGUALDADE E DE NEGOCIALOS

  QUE PRETENDEMOS?

  • UNHA LEI DE IGUALDADE SALARIAL, PORQUE ÁS MULLERES RÓUBANNOS PARTE DOS NOSOS SOLDOS, RÓUBANNOS PARA A NOSA XUBILACIÓN. Non basta dicir que o recolle a Constitución e o artigo 28 do Estatuto dos Traballadores, e con iso xa está todo feito. Tamén se lexislou para previr os accidentes de traballo e a lei obriga e protexe os traballadores e traballadoras.
  • COA NEGOCIACIÓN COLECTIVA NON ABONDA PORQUE A REFORMA LABORAL DO PP AUMENTOU A CAPACIDADE DO EMPRESARIADO PARA TOMAR MEDIDAS UNILATERAIS e dá prioridade aos convenios de empresa fronte aos sectoriais e estatais, a propósito de que a capacidade de negociar das traballadoras e traballadores é menor nese ámbito tendo en conta que o tecido produtivo español está composto no 90 % por moi pequenas empresas.

Non hai negociación xusta sen equidade entre as persoas negociadoras, e esa equidade rompeuna a reforma laboral da ministra Báñez, arrebatándolles aos traballadores e traballadoras boa parte dos seus instrumentos para defender os seus intereses. 

  • A RATIFICACIÓN DO CONVENIO 189 DA OIT SOBRE O TRABALLO DIGNO DAS TRABALLADORAS DO FOGAR
  • UN CONVENIO INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO LUGAR DE TRABALLO

Á vista desta situación: