Addenda do Acordo de interinos para o acceso ás novas listas de organización e xestión comercial, procesos de xestión administrativa e operacións de proceso

 

 

Dada a confusión xurdida nos últimos días por esta causa, na que se afirmaba que as aspirantes que xa estaban traballando nestas especialiades tiñan que presentarse de modo obrigatorio aos correspondentes procedementos selectivos , CCOO-Ensino púxose en contacto coa Consellería para manifestar que esta interpretación entraba en contradición co establecido no Acordo de interinos, que permite a calquera docente interina ou interino de calquera especialidade presentarse aos procedementos selectivos por outra especialidade ou noutra comunidade autónoma como requisito para manterse nas listas de interinidades e substitucións.

A Consellaría confirma que mudará a interpretación en coherencia co que figura no resto do acordo, polo que quen xa traballou nesas especialidades pode presentarse a calquera outra ou noutra comunidade autónoma.

Comparte o que pensas