Retribucións 2018. Estudo retributivo e recuperación salarial

Últimamente, aos nosos gobernantes éncheselles a boca proclamando que estamos nunha etapa de recuperación económica que xa quixeran para si outros países europeos. Pois ben, neste contexto, CCOO considera que chegou o momento, no que os ás empregadas e empregados públicos participemos desa bonanza económica porque fomos os principais “paganos” da crise.

Dentro da campaña dirixida ás empregadas e empregados públicos, “recuperar o arrebatado”, a Federación de Ensino de Galicia considera necesario a apertura dun debate co profesorado de  todos os centros galegos sobre a situación das retribucións dos docentes do ensino público. Antes de facer propostas é imprescindible coñecer a fondo e analizar a situación de partida.

Lamentablemente, no referido aos recortes retributivos que estamos a sufrir dende o ano 2010, faise moita demagoxia innecesaria, porque abonda con mostrar os números reais. Pretendemos poñer un pouco de orde no debate con datos. É necesario de novo “máis contas e menos contos” e non deixar que nos engane ninguén.

O noso obxectivo final, é recuperar todo o que levamos perdido. Deste estudo sairán as demandas en materia retributiva que CCOO pretende trasladar á negociación colectiva.

Para isto imos presentar de forma ordenada, en tres apartados, as débedas que connosco ten a administración aportando datos que poden ser facilmente contrastados.