GRANDE OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DOCENTE PARA O ANO 2018

 

AS 2.050 PRAZAS REPÁRTANSE DO SEGUINTE XEITO SEGUNDO A SÚA MODALIDADE:

REPARTICIÓN DE PRAZAS POR MODALIDADES

Taxa reposición

1072 prazas

Prazas de estabilización

581 prazas

Acceso a catedras de música e artes escénicas

105 prazas

Acceso de A1 a A1 de EOI

30 prazas

Acceso de A2 a A1

262 prazas

 

Esta oferta é consecuencia do Acordo para o Desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos, asinado por CCOO e outras organizacións sindicais, o 18 de outubro de 2017.

Nun contexto en que o Estado impón unha taxa de reposición do 100 %, logramos incrementar nun 54,2 % a oferta de prazas de ingreso libre en Galicia.

CCOO-Ensino continuará loitando pola eliminación da taxa de reposición. Mentres tanto, seguiremos avanzando con acordos que permitan ampliar o número de prazas. Froito deste acordo, tamén se van ofertar 397 para promoción interna.

Por primeira vez o número de prazas anunciadas increméntase coa negociación na Mesa Sectorial. A posición de inicio de CCOO-Ensino era acadar, polo menos, a terceira parte das prazas totais de consolidación establecidas no acordo para tres anos. Finalmente, as 581 prazas de estabilización aproxímanse moito ao dito obxectivo. 

Queremos facer unha valoración moi positiva da oferta aprobada e destacar que o acordo asinado supón un incremento dun 54,2 % das prazas que se ofertan como reposición.  Das 2050 prazas, pasar de 1072 a 1653 de ingreso libre é unha moi boa noticia para as opositoras e opositores. Elevar a primeira proposta de 450 prazas de consolidación ata as 581 é consecuencia da negociación colectiva que, sempre que acaba en acordo, supón unha mellora para as traballadoras e traballadores.

Esta oferta de emprego permite rebaixar nun 2 % a taxa de temporalidade nunha soa convocatoria, nun contexto en que Galicia segue a ser a comunidade coa taxa máis baixa.

 

Comparte o que pensas