AXUDAS PARA ESTADÍAS LINGÜÍSTICAS NA UNIÓN EUROPEA

As persoas seleccionadas poderán financiar estadías para aprender unha lingua estranxeira nalgún país europeo.

Estes son os requisitos que as persoas participantes deben cumprir:

  • Estar matriculada no curso 2017/18 nun mínimo en 50 créditos nalgunha Universidade galega en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superados 60 créditos con anterioridade.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Por outra banda, resultarán excluídas as persoas anteriormente beneficiarias das bolsas e as que foran adxudicadas nun Erasmus+.