CONVOCATORIA OFERTA EMPREGO PÚBLICO 2018

 

As 1.919 prazas distribúense da seguinte maneira:

  • 574 corresponden ao corpo de Mestres 
  • 1.050 ao de Profesores de Ensino Secundario
  • 160 ao de Profesores Técnicos de Formación Profesional
  • 30 a Profesores de Escola Oficial de Idiomas 
  • 105 ao de Catedráticos de Música e Artes Escénicas

CCOO-Ensino, á espera da “negociación?” en mesa sectorial, quere transmitirlle unha primeira valoración ás opositoras e opositores: trátase dunha oferta INSUFICIENTE porque as prazas de consolidación derivadas do Acordo para o desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos non alcanzan as 500. Non se pode afirmar ter como obxectivo reducir a temporalidade ao 5% en 3 anos, e no primeiro ano, ofertar menos da quinta parte das prazas que deberan sair ao final do proceso. Se a consellería pretende reinterpretar o acordo citado, contará coa oposición máis radical de CCOO-Ensino.

Demandamos unha negociación SERIA e RIGUROSA na mesa sectorial, e non unha mera información do publicitado polo presidente do goberno.

Comparte o que pensas