APERTURA DE VARIAS LISTAS DOS CORPOS DE PES, PTFP, EOI, MÚSICA E AAEE

O prazo de 5 días hábiles abrangue desde o día 30/01 ao 05/02.

A Consellaría abriu as listas para realizar substitucións e interinidades en diferentes corpos e especialidades nas que estaban esgotadas ou a piques de esgotarse. Faino en base ao disposto no Acordo de Interinos/as, asinado por CCOO-Ensino e algunhas organizacións sindicais coa administración, que permite consolidar posto nas listas unha vez a persoa traballa e dá garantías e unha mínima estabilidade ao persoal interino.

As persoas que queiran incoporase ás mesmas deben reunir os requisitos establecidos e aboar as taxas (17'32€). O prazo abrangue desde o día 30/01/2018 ao 05/02/2018. As especialidades abertas son as que recollen na táboa inferior.

CORPO ESPECIALIDADES
PES
  • Francés
PTFP
  • Cociña e pastelaría
  • Equipos electrónicos
  • Mecanizado e mantemento de máquinas
EOI
  • Italiano
  • Portugués
Música e AAEE
  • Piano
  • Trompa
  • Trompeta
  • Linguaxe musical

 

Comparte o que pensas