ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE NEGOCIACIÓN XV CONVENIO COLECTIVO

O pasado 28 de marzo quedou constituída a Mesa negociadora do XV convenio colectivo xeneral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. Transcorridos máis de 9 meses, a actitude inmovilista das patronais impediu realizar avances significativos na negociación. Desde a primeira reunión CCOO e FeSP-UXT manifestamos nosa máis firme intención de avanzar rapidamente neste proceso e en consonancia con esta formulación, habemos ido realizando propostas concretas sobre os temas que se han ido tratando. Pero a falta de resposta patronal impediu que se materialicen. 

Na sesión deste 24 de xaneiro volvemos a expor propostas concretas en materia de retribucións, xornada, vacacións e permisos retribuídos. Entre as máis significativas atopamos: 

 

  •     Redución da xornada semanal a 37,5 horas, tanto para os centros de atención especializada, como para os centros especiais de emprego
  •     Adecuación de la jornada anual a la semanal.
  •     Un mes de vacacións, preferentemente no verán, que en ningún caso
    poderán ser compensadas economicamente. Dos 30 días de vacacións, 15
    poderán ser elixidos o traballador.
  •     As vacacións deberán ser notificadas cun mínimo de dous meses de
    antelación
  •     Cando o período de vacacións coincida cunha situación de incapacidade
    temporal, terase dereito a gozar as vacacións aínda que finalizase o ano
    natural a que correspondan.
  •     Seis días de asuntos propios.
  •     Melloras nos permisos retribuídos incorporando un novo por asistencia ao
    medico. Igualmente para acompañar a un menor de doce anos ou familiar
    con dependencia ao seu cargo.
  •     Incrementos salariais para 2017 e 2018, por encima do IPC. É o momento
    de pactar retribucións que permitan recuperar o poder adquisitivo perdido
    nos últimos anos.
  •     Ningunha categoría profesional percibirá un salario base por baixo do SMI.
    Limitar os efectos dos Reais Decretos que permiten computar os complementos persoais nas retribucións anuais á hora de determinar se se está ou non por baixo do SMI. 

CCOO e FeSP-UXT sempre apostamos no sector pola negociación como a alternativa máis práctica na resolución do conflito de intereses. Pero se as patronais continúan coa súa NON a todo; se non valoran o esforzo considerable realizado polos traballadores e traballadoras nos últimos anos; se continúan ninguneando aos e as profesionais do sector, entón a vía para resolver as diferenzas pasará a ter outra dimensión.