CCOO-Ensino esixe a convocatoria de todas as unidades de competencia da cualificación profesional de atención a alumnado con NEE en centros educativos no proceso de acreditación de competencias.

CCOO-Ensino esixe a súa convocatoria en todas as provincias para que o persoal coidador sen titulación poida completar a súa profesionalización.

ver infórmaTE

CCOO-Ensino ven de presentar un escrito diante da Dirección Xeral de Educación e FP no que solicita que se modifique a orde de acreditación de competencias publicada o pasado 10 de xaneiro co obxecto de que se inclúan todas as unidades de competencia referidas á cualificación profesional de atención ao alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE) en centros educativos.

CCOO-Ensino pon de manifesto que a Consellería de Educación ten moito persoal nos centros que xestiona que está a desempeñar postos de coidador/a de alumnado NEE, polo que se debera favorecer o acceso a este proceso de acreditación ás traballadoras e traballadores que na actualidade non teñen a titulación, para completar a súa profesionalización.

CCOO-Ensino considera un avance que na devandita orde se convoquen prazas para dúas das cinco unidades de competencia que forman a cualificación, dado que en convocatorias anteriores non se tiñan convocado a pesar das demandas feitas por esta organización de ampliar as convocatorias na familia profesional de servizos a comúnidade, pero considera insuficiente o número de unidades convocadas e o número de prazas, unicamente 15 por unidade e  que se circunscriben a un único centro de Galicia, restrinxe as posibilidades das e dos traballadores para poder acceder a este proceso, máxime cando á familia profesional á que pertence esta cualificación profesional existe en máis centros educativos da comunidade.

CCOO-Ensino esixe á Conselleria a convocatoria de todas as unidades de competencia de dita cualificación profesional, o incremento do número de prazas convocadas e que se oferten en todos os centros que posúan a familia profesional de servizos á comunidade.

ESCRITO PRESENTADO Á CONSELLERÍA

Comparte o que pensas