ABERTO O PRAZO PARA A ACTUALIZACIÓN DO EXPEDIENTE PERSOAL

A Consellaría abre un prazo ATÉ O 31 DE XANEIRO para que o persoal que non participou no Concurso Xeral de Traslados e no Concurso Específico de Orientación poida actualizar o seu expediente persoal. Así, poderá facelo:

  • persoal docente funcionario de carreira que non participou nos concursos de traslados.
  • O persoal funcionario en prácticas.
  • O persoal interino e substituto que prestara servizos entre o 01/09/2017 e o 31/12/2017.
  • O profesorado de relixión.

O persoal interesado debe acceder a DATOS PERSOAIS e completar o seu expediente, debendo imprimir a correspondente instancia e entregala, xunto coa documentación xustificativa na mesma orde na que aparece na instancia, en Rexistro. Obviamente, aqueles méritos que xa figuran (cursos en FPROFE, titorías…) non deben ser alegados.

Podes ler a nova NO PORTAL da Consellaría.