XUNTANZA DO COMITÉ INTERCENTROS DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ver infórmaTE

CCOO denuncia que sexa a primeira Xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, despois de un ano.

*A administración informa da adopción dos acordos da xuntanza anterior (mellora na campaña de vixiancia da saúde, formación en materia de prevención, páxina web).

  • Campaña de vixiancia da saúde 2016-2017 do persoal docente e non docente.

CCOO demanda que se amplíe o prazo a un mes para inscrición  da mesma forma  que se fai co resto dos empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia e que tamén  se publicite no DOG  ademais  de informar aos traballadores/as a través do correo electrónico, pois aínda que houbo melloras, non se corrixiron todos os problemas. Nestas avaliacións solicitamos a aplicación de protocolos específicos para cada colectivo de traballadores, permitindo  detectar todos os riscos novos que indicarían as enfermidades profesionais  e engadilas, se fora o caso, no catálogo.

-   Formación en materia de prevención.

CCOO demanda que se informe dun xeito efectivo as datas de inscrición. Engadir información vía correo electrónico. 

-   Páxina web actualizada.

Por fin podemos acceder a páxina web a buscar información. Témola na ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2082

CCOO solicitou una pestaniña na páxina web para poder  acceder directamente.

*A administración pasou información das estatísticas de accidentes de traballo,

facilitados por MUFACE e MUTUA GALEGA.

*Avaliacións de postos de traballo.

Infórmannos das avaliacións de postos de traballo feitas a instancia dos/as  traballadores/as. Estas foron por motivo de enfermidade profesional, risco durante o embarazo, para solicitar a incorporación a un novo posto compatible coa incapacidade e por solicitude de prórroga para seguir  traballando despois da idade de xubilación (65 anos).

Lamentablemente as avaliacións de centros de traballo, fixéronse unicamente por denuncia.

CCOO demanda a avaliación de todos os centros de traballo e de todos os postos,  a corrección das deficiencias detectadas e adaptación dos postos de aqueles traballadores/as  que teñan una incapacidade ou lle sobreveña, sen esperar a facelo porque exista obriga. Tamén seguiremos demandando o funcionamento dos comités provinciais. Tamén demandamos o servizo de Prevención provincial e coordinadores de prevención de riscos laborais nos centros.

 

Comparte o que pensas