700.000 traballadoras e traballadores públicos temporais discriminados polo Goberno

 

#ReclamaciónTemporais

CCOO puxo en marcha unha ampla campaña de asesoramento xurídico e sindical para axudar as traballadoras e traballadores temporais a reclamaren a fixeza do seu contrato laboral temporal irregular ou a condición de indefinido non fixo no caso dos temporais irregulares na Administración pública, así como unha maior indemnización económica pola finalización dos seus contratos ou nomeamentos temporais, en aplicación das recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) sobre estabilidade no emprego e igualdade de condicións na indemnización.

EN CUMPRIMENTO DAS RECENTES SENTENZAS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UE

 

#ReclamaciónTemporais

— Se o teu contrato ou nomeamento é irregular, reclama a estabilidade do teu emprego.
— Aínda que o teu contrato ou nomeamento temporal sexa regular, sempre tes dereito a unha indemnización no momento da súa finalización. As indemnizacións son superiores ás que ata o de agora se pagaron.

ACODE A CCOO

CCOO puxo en marcha unha ampla campaña de asesoramento xurídico e sindical para axudar as traballadoras e traballadores temporais a reclamaren a fixeza do seu contrato laboral temporal irregular ou a condición de indefinido non fixo no caso dos temporais irregulares na Administración pública, así como unha maior indemnización económica pola finalización dos seus contratos ou nomeamentos temporais, en aplicación das recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) sobre estabilidade no emprego e igualdade de condicións na indemnización.

O SINDICATO PON Á TÚA DISPOSICIÓN OS SEUS SERVIZOS XURÍDICOS E DE ASESORAMENTO SINDICAL PARA AXUDARCHE A RECLAMARES OS TEUS DEREITOS:

— a fixeza do teu contrato temporal irregular;
— a condición de indefinido non fixo ou unha situación xurídica equivalente se es empregada ou empregado público con contrato ou nomeamento irregular;
— unha maior indemnización pola extinción, aínda que sexa válida, do contrato ou nomeamento administrativo temporal.

TODOS OS CONTRATOS E NOMEAMENTOS TEMPORAIS TEÑEN DEREITOS

esíxeos con CCOO

CCOO axúdache a reclamares a estabilidade no emprego
— Se tes dúbidas sobre o teu contrato ou nomeamento temporal, acode ás asesorías de CCOO para reclamares a estabilidade no emprego, de acordo cos criterios fixados nas recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE.
Para exerceres os teus dereitos, acode aos locais de CCOO
CCOO axúdache a reclamares a indemnización que che corresponde por extinción do contrato ou nomeamento temporal
— O TXUE declarou ilegal e discriminatoria a indemnización que a lexislación española establece para as traballadoras e traballadores temporais en caso de extinción do seu contrato de traballo ou do seu nomeamento administrativo temporal. Así mesmo, recoñeceu o dereito do persoal interino a unha indemnización que actualmente non recolle a nosa lexislación.
— O TXUE pide que se recoñeza o dereito das traballadoras e traballadores temporais a unha indemnización por extinción ou cesamento equivalente á establecida para o despedimento por causas obxectivas (en España son vinte días por ano, cun límite de doce mensualidades).
— Esta medida aplicarase a todos os contratos ou nomeamentos temporais vixentes ou que se asinen no futuro e mais a todos os contratos laborais temporais extinguidos un ano antes da data de reclamación. Tamén afectará aos nomeamentos administrativos temporais, sempre e cando non excedan o límite dos cinco anos anteriores, no caso do persoal dependente da Xunta de Galicia e Administracións locais galegas, ou catro, sempre que se trate de persoal dependente da Administración central.

 

DESCARGA O CARTAZ