APROBADO O NOVO CONCERTO DE MUFACE 2018-2019

Establece dous períodos para o cambio de entidade sanitaria, aumenta o orzamento e terá unha vixencia de dous anos.

A Mutualidade General de Funcionarios Civiles del Estado (MUFACE) aprobou o 28 de decembro o novo concerto co que a mutualidade ofrece asistencia sanitaria até o ano 2020 e que aumenta nun 5'62% o seu orzamento respecto ao anterior. A través de MUFACE o persoal funcionario pode optar entre recibir atención médica por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social ou das entidades privadas colaboradoras: Adeslas, DKV, Asisa e Igualatorio de Cantabria para territorio nacional e DKV para exterior.

As novidades máis salientables do novo concerto son:

  • CAMBIOS DE ENTIDADE: alén de no mes de xaneiro, como viña sendo até o de agora, a persoa mutualista poderá cambiar de entidade médica tamén no no mes de xuño. Pode facelo de xeito presencial ou ben na SEDE ELECTRÓNICA.

  • INCREMENTO DO NÚMERO DE MUTUALISTAS: grazas ao Acordo pola Mellora do Emprego Público que CCOO e outros sindicatos asinaron co Goberno estímanse en 100.000 as persoas que se incorporarán á función pública nos vindeiros anos, garantindo a subsistencia do modelo. Ademais permítese a incorporación daquelas persoas que perderon a condición de mutualistas por aprobar unha promoción interna, os docentes das antigas Universidades laborais e centros de FP.  

  • IMPULSO DA RECEITA ELECTRÓNICA:  os obsoletos talonarios de receitas teñen os días contados, pois MUFACE pretende establecer a receita electrónica en 2018 para o modelo público e 2019 para o privado.

  • MELLOR COORDINACIÓN: MUFACE quere mellorar a atención das persoa mutualistas en situación de emerxencia, concretando o concepto de "risco vital" e establecendo mecanismos de colaboración co 112, as entidades públicas e as privadas.
  • INCLÚENSE NOVOS SERVIZOS: cirurxía robotizada, radioterapia intraoperatoria e danse incentivos a aquelas entidades que ofrezan máis do recollidos no concerto.

En CCOO valoramos positivamente que  se incorporaran algunhas reivindicacións do sindicato pero seguimos a esixir recuperar as prestacións sociais recortadas na crise e que se dote de persoal suficiente á mutualidade, que ten 172 vacantes sen cubrir. Tamén demandamos maior esforzo para mellorar a participación, o que pasa por ampliar as canles de  información e comunicación.


DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:

 

Comparte o que pensas