OS PERMISOS DE MATERNIDADE E PATERNIDADE AMPLÍANSE A 20 E A 5 SEMANAS RESPECTIVAMENTE

* AS XEFATURAS TERRITORIAIS VEÑEN DE CONFIRMAR, APÓS AS CONSULTAS FEITAS POR CCOO-ENSINO, QUE AMPLIARÁN OS PERMISOS ACTUAIS DE OFICIO E ENVIARÁN CONFIRMACIÓN ÁS PERSOAS IMPLICADAS.

En ambos casos a norma indica que é de aplicación a aquel persoal funcionario que estea gozando de tales permisos o día 1 de xaneiro (entreda en vigor da lei de orzamentos 2018)

 

Con data de 19 de decembro de 2017, aprobáronse no Parlamento de Galicia os orzamentos autónomicos para o ano 2018. Estes recollen:

 

  • Duración do permiso de maternidade: 20 semanas.
  • Duración do permiso de paternidade: 5 semanas.

 

En ambos casos a norma indica que é de aplicación a aquel persoal funcionario que estea gozando de tales permisos o día 1 de xaneiro (entreda en vigor da lei de orzamentos 2018). Estamos á espera das instruccións de función pública onde se determinará o procedemento a seguir nestes casos. CCOO Ensino, xa demandamos que esta ampliación se faga de oficio por parte da administración.

 

CCOO ENSINO valora positivamente este avance aínda que o consideramos totalmente insuficiente. Seguiremos loitando por unha ampliación moito maior, na liña das políticas de protección á familia que están desenvolvidas nos países da nosa contorna.

 

Comparte o que pensas