CCOO inicia unha recollida de sinaturas por un novo modelo de acceso á función pública docente

O Acordo para a Mellora do Emprego na Función Pública abre un escenario no que se debe poñer en marcha unha ampla oferta de emprego público no sector educativo para reducir a temporalidad ao 8%. E no sector docente ata o 5%, tal e como se reflicte no Acordo de Interinos asinado en Galicia.

Urxe que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte negocie e acorde coas organizacións sindicais un modelo de acceso para o periodo de concreción desta oferta de emprego público extraordinaria en base a : 

  • Simplificar a fase de oposición.
  • Que as partes da fase de oposición non sexan eliminatorias.
  • Aumentar o número de temas extraídos ao azar.
  • Que as partes da fase de oposición sexan iguais en todas as comunidades autónomas para evitar diferenzas entre aspirantes.
  • Establecer os mesmos tempos para a realización das distintas partes da fase de oposición en todas as comunidades Autónomas.
  • Aumentar o peso da fase de concurso ata o 45 % como marcan algunhas sentenzas.
  • Aumentar o peso da experiencia.
  • Reducir a porcentaxe de experiencia que pode ser substituída por outro mérito.
  • Incorporar medidas que favorezan a transparencia da fase de oposición.
  • Limitar o número de aspirantes por tribunal a un máximo de 60.

Aprobar as medidas que permitan flexibilizar os prazos para presentarse ás probas para situacións especiais:

– Opositoras en avanzado estado de xestación ou embarazos de risco.

– Adaptación das probas para aspirantes con discapacidad.

– Persoas con tratamentos médicos que poden dificultar a súa concorrencia na oposición.

– Accidentes in itínere.

– Hospitalizacións.

– Enfermidades graves.

– Outras situacións.

 

Outro aspecto que é imprescindible abordar para este periodo de gran oferta de emprego público é o do temario. O temario para as oposicións para os distintos corpos docentes non debe modificarse nin ampliarse, xa que:

É unha oferta extraordinaria e, polo tanto, moitas das aspirantes estiveron utilizando os temarios actuais nas últimas convocatorias, nas que non puideron conseguir praza pola exigua oferta.

 

Deben manterse as mesmas condicións durante toda a oferta extraordinaria e non cambiarse a metade desta.

 

No Congreso dos Deputados hai en marcha unha comisión parlamentaria que traballa por un Pacto Educativo. Non ten sentido cambiar uns temarios que terán que ser modificados outra vez para adaptalos a un suposto pacto nun futuro.