A REUNIÓN DO ENSINO CONCERTADO CO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN FOI DECEPCIONANTE

Este inverno fará máis frio… no ensino concertado.

A consellería negouse rotundamente a retirar da Lei de Orzamentos as cláusulas que impiden asinar acordos no ensino concertado. Pero amósase disposto a falar…. Non sabemos de que….

Por oitavo ano consecutivo a Consellería castiga ao profesorado de Concertada privándoo de acordos que son xerais na concertada do resto do estado. Algún como o Acordo de Mantemento de Emprego (Reclamación permanente de CCOO)  que non ten repercusión no orzamento de educación e únicamente obedece a unha posición ideolóxica que en aras dos principios neoliberais renuncia a darlle estabilidade laboral ao profesorado.

CCOO e as demais OOSS logramos que os grupos da oposición apoiasen as nosas propostas, pero a Consellería ignora esta disposición de negociar. A postura inxustificada da Consellería converte aos traballadores e traballadoras da concertada galega en cidadáns de terceira, porque nos  afasta das condicións das que gozan os compañeiros do resto do estado que teñen Administracións  máis sensibles que  aplican  acordos que aquí se nos negan. A este paso a petición de equiparación xa non vai ser co ensino público, senon coa concertada do resto do estado.

Á volta de Nadal abordaremos as medidas que será preciso adoptar.