Negociacións para o acceso aos corpos docentes e Acordo para a mellora do Emprego Público

Non deixes que te confundan. Toda a información sobre o Acordo de Emprego e as negociacións do sistema de acceso.

ver infórmaTE

O MECD pretende pechar a negociación sobre o acceso aos corpos docentes con pequenos cambios do actual sistema. Fronte a esta posición organizamos unha plataforma de gran maioría sindical na que estamos CCOO, UGT, STE e CSIF. 


1. Acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego público
É necesario remontarnos moi atrás para entender a situación actual. Dende o ano 2010 a taxa de temporalidade foi aumentando como consecuencia das taxas de reposición entre 2010 e 2015: 30%, 10%, 10%, 10%, 10%, 50%. A consecuencia foi a destrución de máis de 2.500 postos de traballo no sector.
O obxectivo final de CCOO foi, e segue a ser, a eliminación da taxa de reposición e a recuperación do número de postos docentes perdidos. Mentres non o conseguimos non imos a paralizar a nosa acción; CCOO nunca dirá aos traballadores que non asinará ningún acordoa ata que recuperemos TODOporque somos unha organización sindical seria á que unicamente nos move a defensa dos dereitos e intereses dos traballadores. Podemos ir avanzando, e neste contexto o 29 de marzo de 2017   CCOO, UGT e CSI-F asinamos o Acordo de Mellora do Emprego Público no estado que establece o 100% da taxa de reposición e a incorporación do  máximo do 90% das prazas ocupadas de forma temporal dende fai 3 anos de forma complementaria á taxa de reposición. O obxectivo é reducir as taxas de temporalidade ao máximo dun 8%.
Desenvolvendo este acordo CCOO, UGT e CSIF asinamos en Galicia o Acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos, ao que posteriormente ANPE se adhire. O obxectivo é a transformación de emprego temporal en emprego estable. O acordo galego mellora o estatal.


Qué establece o acordo galego?

• Obxectivo xeral de redución da taxa de temporalidade: 7%. No sector docente: 5% de acordo co asinado recentemente no acordo de acceso a listas de interinidade.

• OPE en 3 anos (ata o 2020).

• Garantía de procesos selectivos mediante concurso-oposición que garantan os principios de libre concorrencia, igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

• Establécese unha comisión de seguimento paritaria xeral e outras sectoriais.

• De regularse posteriormente ao acordo medidas que permitan ampliar o ámbito do acordo se incorporarán a este.

Sabemos que non recuperamos efectivos perdidos, porque este Acordo en nada regula materia de recuperación de efectivos e por suposto non impide nun futuro avanzar nese sentido. Que un sindicato pida que anulemos o acordo de 29 de marzo de 2017 non é de recibo e que o faga quen nunca asinou acordos, agás cando estivo no goberno galego a organización política da que dependen, menos.

De ningunha maneira co acordo asinado CCOO asume os recortes dos últimos anos e tampouco acepta o actual sistema de acceso. Afirmar que demos carta branca ao actual sistema de acceso por non ter recollido no acordo de mellora de emprego como debe ser o novo sistema ou ben manifesta o descoñecemento da negociación colectiva ou ben tratan de manipular ao colectivo ocultando   que o sistema de acceso á función pública docente se negocia noutro ámbito distinto que é o MECD.

 

 

  1. Modificación RD 276/2007

 

CCOO defendeu dende o inicio que estabamos ante unha situación extraordinaria que  requiría dunha modificación substancial do RD 276/2007 e non só do baremo. Apostamos pola consolidación de emprego a través de procedementos que teñan seguridade xurídica. Unha oferta extraordinaria que permita que se consolide o emprego dos interinos e o acceso ao emprego de moita xente nova.

 

A proposta de CCOO pivota de forma xeral sobre varias cuestións:

 

  • Modificación da ponderación das fases de oposición e concurso: 55%-45% respectivamente.
  • Modificación do carácter eliminatorio das probas de oposición. Unha proba con distintas partes non eliminatorias fundamentada na necesidade de permitir demostrar a todos os opositores os seus coñecementos e competencias para desenvolver a función docente en todas as partes da proba. Para conseguir este obxectivo CCOO propón que se asigne un máximo de 60 opositores por tribunal.
  • Incremento do número de temas extraídos ao chou dos que a persoa aspirante ten que elixir un. Xa aceptado polo MECD.
  • Demandamos que os temarios sexan os mesmos en todo o período transitorio e permanecer á espera do que poida suceder na subcomisión polo pacto educativo xa que pode supor unha modificación do sistema de acceso.
  • Aumentar o baremo no que a experiencia se refire ata o máximo que permite a actual xurisprudencia.

 

A resposta do MECD é: 

 

1) A ponderación entre a fase de oposición e concurso: 60%-40%.

2) Non admiten o carácter non eliminatorio das partes da fase de oposición. Neste apartado hai moitas diferenzas e as CCAA están divididas case ao 50%.

3) Admiten que se amplíe o número de temas sobre os que o opositor poida elixir

4) No apartado do baremo admiten que se contemple un máximo de 10 años de experiencia docente para acadar os 7 puntos:

a.Experiencia:  7 puntos acadables en 10 anos de experiencia.

b.Formación académica: 5 puntos.

c.Outros méritos (nos que se inclúe a formación permanente): 2 puntos

              Esta proposta incrementa 2 puntos por experiencia o baremo actualmente vixente.

5) O MECD insiste na pretensión de cambiar os temarios para 2020.

 

Algunhas organizacións evitan dicilo abertamente pero están defendendo algo que saben imposible: o acceso diferenciado ou oposicións restrinxidas. Xa van moitos anos dicindo o mesmo e sabendo que non van a conseguilo pero sérvelles de coartada para situarse á marxe da negociación e botar a culpa de todo a outras organizacións. CCOO non vai defender de ningunha maneira é a proposta dun acceso diferenciado. A xurisprudenza xa marcou determinados límites que debemos ter en conta para facer propostas con garantías xurídicas e non empantanar un proceso que poidan paralizar os tribunais.

 

CCOO vai dar a batalla con mobilizacións simultaneamente á negociación. Sería bo contar con propostas unitarias e seguimos traballando na procura dese obxectivo.

 

 

Comparte o que pensas