CCOO rexeita o peche unilateral polo MECD das negociacións do sistema de acceso á docencia e péchase no ministerio ata que se abran as negociacións

Na xuntanza da Mesa Sectorial celebrada o 30 de novembro o MECD presenta o texto de modificación do RD 276/2007 que afecta ao baremo e ao número de temas a sortear, tal e como se avanzou na anterior Mesa Sectorial, ademais:

  • Ratifican a súa postura sobre o caracter eliminatorio das probas tras un suposto informe solicitado á avogacía do Estado que ratifica la posición del MECD sobre que las pruebas deben ser eliminatorias.
  • Tras acordo coas Comunidades Autónomas retrasan á aplicación dos novos temarios á convocatoria do 2020

Polo que consideran que o cambio no modelo de acceso xa é un tema pechado e emplazan ás OOSS a negociar as modificacións no temario a partir da terceira semana de xaneiro.

CCOO rexeita as pretensións do MECD e mantén a súa proposta feita nas anteriores mesas, que se concreta en:

  • Valoración do peso da experiencia docente nos limites legais
  • Probas non eliminatorias
  • Melloras nas condicións de realizacións das probas
  • Menor número de opositores por tribunal

CCOO mantivo a postura xa expresada de rexeitamento ao cambio de temarios durante o tempo da aplicación do acordo para a mellora do emprego público en base ás seguintes cuestións:

  • Estamos diante dun proceso extraordinario que abrangue unha duración temporal mais aló do 2020 .
  • Neste momento estase traballando na consecución dun Pacto en Educación que levará consigo o cambio dos currículos das diferentes etapas, polo que non sería oportuno plantexar un cambio nos temarios que deberán ser modificados a causa da consecución dese pacto.

  • Estableceríase un agravio comparativo entre os opositores que opositen antes e despois do 2020.

CCOO manifiesta a súa rotunda negativa á pretensión do MECD de pechar esta negociación e neste sentido anuncia a decisión de que, dado que os argumentos son políticos, pecharse no MECD ata que un responsable político do ministerios se sente a negociar cos representatantes das traballadoras e traballadores.