CCOO-Ensino esixe unha maior participación do Consello Galego da Convivencia no deseño das estratexias de mellora da convivencia escolar.

Na Xuntanza celebrada hoxe do Consello Galego da Convivencia CCOO-Ensino criticou a ausencia de xuntanzas deste órgano, que levaba sen reunirse en plenario desde marzo de 2016 e a falta de documentación previa para a mesma que impide facela chegar aos centros de traballo e debatela co profesorado para asi avalíar a calidade do traballo realizado neste eido.

CCOO-Ensino valora positivamente o compromiso feito polo Conselleiro en dita xuntanza de dar unha maior participación a este órgano.

CCOO-Ensino valora positivamente a existencia de protocolos de actuación neste eido pero considera que se debe avaliar de modo exhaustivo o seu funcionamento e que estes non poden quedarse en meras declaracións de intencións.

CCOO-Ensino  plantexou que as estratexias para a mellora da convivencia escolar na nosa comunidade pasan por tres elementos fundamentais que se teñen que recoller en calquera acción que se faga neste ámbito.

  • Recoller o traballo e aportacións de toda a comunidade educativa, polo que é fundamental dotar de protagonismo ao Consello Galego da Convivencia.
  • Incidir na prevención fronte a sanción, e sobre todo na construción de entornos favorables á convivencia  aproveitando traballos xa existentes en “escoita activa” e sobre todo establecendo obxectivos relacionados coa convivencia de modo transversal para todo o alumnado.
  • Dotar aos centros de maiores recursos, especialmente a aqueles que teñen un maior número de alumnado, aos que escolarizan alumnado en atención preferente e en risco de exclusión social, e aos que se sitúan en zonas deprimidas.