Propostas de CCOO para o Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade

1°.-Adaptación á Lexislación vigente. De sobrasé coñecida a cantidade de controversias e cuestións que o actual convenio está tendo, nada máis hai que ver a xa case 700 consultas que resolveu a comisión paritaria. CCOO propón adaptar á normativa vixente cunha redacción clara e concisa. 
2°.- Regulación da xornada a nivel diaria. semanal e anual. Crear unha fórmula que se adapte á xomada anual "REAL" que se pode realizar nun centro de traballo, tendo en conta que hai que respectar todo o marcado xa na normativa actual no concernente a xornada laboral. 
3°.- En relación ao CDP, eliminación pola problemática que suscita. O sistema de desen­volvemento por competencias non funcionou como todas as partes firmantes deste convenio pretendían co cal CCOO busca dar unha saída digna a esta problemática que afecta tanto a entidades como traballadores/as. 
4°.- Recuperación do poder adquisitivo perdido no Convenio Vixente. Tanto a perda de poder adquisitivo polos 4 anos de congelación salarial como todos aqueles complementos que se perderon en relación ao anterior convenio colectivo. 
5°.- Estudo de propostas e melloras en materia de conciliación familiar. CCOO pretende que se recolla todas mellóralas incluídas na normativa actual sobre conciliación familiar. 
6°.- C.E.E. proposta de regulación e actualización das condicións laborais. CCOO Ensino quere actualizar o convenio tanto á normativa actual como ás licitacións das entidades públicas. 
7 .- Centros Educativos regular a contratación, concretamente os contratos fixos discontinuos. Evitar a fraude neste tipo de contratos dentro do sector para que se respecte o marcado no actual convenio e conseguir igualar as condicións laborais e económicas do persoal de pago non delegado con respecto ao persoal de pago delegado. 
Existen moitas máis pero estas son as principais propostas que CCOO suxeriu no acta da primeira mesa negociadora do CCG ante as actuais patronales: AEDIS, FEACEM, CECE, EYG, ANCEE, CONACEE, cuxas principais propostas escritas nas actas son as seguintes: