CCOO manifesta a súa oposición ao cambio de temarios para a OPE propostos polo MECD

 

 

Na xuntanza que se celebrou o 23 de novembro no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte facilitáronse os borradores dos novos temarios que rexirán os procesos selectivos de acceso á función pública docente para unha futura discusión no marco da Mesa Sectorial do Estado.

CCOO, tal e como ven manifestando en todas as xuntanzas da Mesa Sectorial, oponse á modificación dos temarios dos procedementos selectivos durante a vixencia da oferta de emprego público extraordinaria derivada do Acordo para a Mellora do Emprego Público e rexeita a pretensión do MECD de que entren en vigor nos procedementos do 2019.

CCOO considera que a intención do MECD de cambiar ou ampliar o temario, como está propondo no borrador que acaba de entregar, é un despropósito. O MECD plantexa os cambios nun momento no que máis prazas deben ofertarse nos vindeiros anos e cando CCOO e o resto de organizacións sindicais,plantexaron unha simplificación da fase de oposición cun incremento do peso da experiencia, e cunha única proba con distintas fases e outras modificacións na normativa básica que dean seguridada ás persoas aspirantes e transparencia ao proceso.

CCOO publicará na súa web a proposta dos temas para que todo o mundo poda acceder a eles e se fagan as achegas oportunas de todas aquelas persoas interesadas.