CCOO manifesta o seu desacordo ante a proposta do MECD de modificación do acceso á docencia non universitaria

Critica o texto presentado polo Ministerio de Educación e denuncia que non recolleu as propostas presentadas en anteriores reunións. Ademais, esixe que continúen as negociacións ante o rexeitamento sindical e social con que foron recibidos os cambios.

A reunión mantida hoxe entre representantes do profesorado e o Ministerio de Educación a conta da oferta de emprego pública extraordinaria para mellorar a calidade do emprego público volveu a pecharse en falso.

A Federación de Ensino de CCOO ve positivo que o Ministerio recoñeza que existiron problemas co cómputo de prazas que deben saír a oposición para reducir e amose a súa vontade de emendalos. Con todo, segue esixindo criterios claros que permitan dar solución ao problema da precariedade laboral no ámbito educativo, agravada pola taxa de reposición que, durante anos, impediu a convocatoria de ofertas suficientes.

 CCOO esixe que a modificación do RD contemple

 Valoración do peso da experiencia docente nos limites legais

 Probas non eliminatorias

 Melloras nas condicións de realizacións das probas

 Menor número de opositores por tribunal.

. Ademais o MECD presenta o borrador dos novos temarios que pretende implantar a partir da convocatoria do 2019. CCOO esixiu que non se modifique o temario para o próximas convocatorias,