CAMPAÑA: Imos recuperar o arrebatado

Ver díptico da campaña en PDF

¿SABÍAS QUE?

  • Defender os servizos públicos é esixir un correcto financiamento das Administracións -do Estado, autonómica e local- que nos garanta o acceso universal a uns servizos de calidade e a igualdade de oportunidades. Para iso debemos esixir tamén como algo imprescindible unha reforma fiscal progresiva.
  • Reforzar os servizos públicos, como sanidade, ensino, servizos sociais e dependencia, atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero, augas, xustiza, prestacións de seguridade social, servizos de atención ao público, entre outros, mellora a calidade de vida, a cohesión social, dinamiza a economía e xera emprego.
  • Esixir un aumento nos investimentos públicos é apostar por un avance nas nosas infraestruturas -estradas, ferrocarrís, portos, telecomunicacións, etc.- que, ademais de xerar emprego, garante a cohesión social e territorial.
  • Reverter servizos públicos privatizados é apostar por unha eficiencia económica, pola calidade dos servizos e do emprego. 

 

POR TODO ISO, CCOO ESIXE 

EMPREGO

  • Que se desenvolva integramente o Acordo para a mellora do emprego público, universalizando as ofertas a todos os servizos.
  • Ofertas de emprego público que recuperen o que se perdeu e acaben coa excesiva temporalidade nas Administracións públicas. Ofertas excepcionais e ofertas ordinarias, incluíndo a Administración instrumental. 

SALARIOS

  • É imprescindible subir os salarios. 
  • Recuperar o 5 % furtado no 2010, pagas extraordinarias e todos os conceptos económicos eliminados durante a crise, para recuperar o poder adquisitivo perdido.
  • Garantir unha suba salarial por riba do IPC. 

NEGOCIACIÓN COLECTIVA

  • Recuperar os distintos ámbitos da negociación colectiva.
  • Desenvolver o Estatuto básico do empregado público en todos os seus ámbitos.
  • Recuperar o resto de dereitos arrebatados, como a prestación ao 100 % por incapacidade temporal, formación, acción social, etc.
  • Canto á xornada laboral, recuperar e estender as 35 horas.

DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOSDEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

  • Freo ás privatizacións e reversión dos servizos públicos privatizados.
  • Dotación de medios suficientes aos servizos públicos para un desenvolvemento eficaz e eficiente da súa actividade como garante dos dereitos de cidadanía.
  • Cláusulas sociais, medioambientais e de igualdade obrigatorias na contratación pública, que garantan a eficiencia e transparencia do servizo, así como o emprego, as condicións laborais e a subrogación das persoas traballadoras.
  • Recoñecemento dun marco de negociación para todo o sector público instrumental.
  • Plans de prevención de riscos laborais e de emerxencia fronte á sinistralidade laboral para o conxunto de traballadoras e traballadores no sector público.

Comparte o que pensas