Resumo Mesa Sectorial do Estado do 7 de novembro

O MECD aclara aqueles aspectos que está disposto a modificar do RD 276/2007 despois de escoltar ás organizacións sindicais na anterior mesa sectorial e á Comisión Xeral das comunidades autónomas:

  •  Non admiten a proporción 55-45% (fase oposición – fase concurso).  Manteñen  a proposta do 60%-40% (fase oposición – fase concurso).
  • Admiten que se amplíe o número de temas sobre os que o opositor poida elixir, seguindo a nosa proposta:
    • Nas especialidades que teñan un número non superior a 25 temas, deberá elixirse entre tres temas.
    • Nas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51, deberá elixirse entre catro temas.
    • Nas especialidades que teñan número superior a 50 temas, deberá elixirse entre cinco temas.
  • No apartado do baremo admiten que se contemple un máximo de 10 años de experiencia docente fronte aos 7 que prantexaban.
  • Precisan que a formación académica serían 5 puntos e a formación permanente estaría incluída noutros méritos.

Cabe destacar que non admiten que as probas da fase de oposición non sexan eliminatorias como propuxera CCOO. Hai discrepancias e moitas comunidades autónomas manifestáronse en sentido contrario.
CCOO propuxo a negociación dun modelo extraordinario habendo consenso entre todas as organizacións sindicais sobre os puntos fundamentais. Pero a posición do MECD foi contraria a esas propostas:

  • Se ben é certo que a proposta de baremos do MECD aumenta o peso da experiencia non parece suficiente xa que supón un 12% fronte ao 16% da disposición transitoria de 2007. Aínda non aceptando a proposta de CCOO dista moito do 24%que aparece na PNL presentada por Unidos Podemos, pactada co PSOE e aprobada no Congreso dos Deputados.
  • Reiteran que non estamos diante da negociación dun novo modelo de ingreso e sí ante lixeiras modificacións que permitan unha tramitación rápida.

CCOO  esixiu unha nova reunión da mesa sectorial na que se vexa o redactado da proposta do MECD e así poder seguir explorando o aumento do peso da experiencia na fase de concurso-oposición.