As iniciativas de CCOO volven ter resposta doutras organizacións sindicais

Hai algunhas semanas preguntabamos publicamente polos avances da Comisión que, desde 2014, debería estar a estudar a xornada no ensino concertado. E volveu a ocorrer o mesmo que a principios de setembro, cando ao pouco de que CCOO iniciase a reclamación dos sexenios, os compañeiros/as da FSP-UGT tamén o fixeron.

Aínda que sexa baixo a estraña forma unha campaña de recollida de firmas, agradecemos a súa resposta, porque pon de manifesto unha gran coincidencia cos problemas que desde sempre expuxemos en CCOO:

  •   Revisión das horas lectivas e a súa homologación gradual co profesorado do ensino público.

  •   Revisión dos cómputos anuais.

  •   Consideración lectiva do recreo.

  •   Criterios para cuantificar o tempo de traballo nos calendarios de cada centro, con cómputo concreto da preparación de clases e correccións fose do mesmo.

  •   Consideración de actividades como viaxes de estudos e outras saídas escolares e redefinición dos conceptos de lectivo e non lectivo.

  •   Igualación da xornada do persoal complementario coa do profesorado.

  •   Implementación de períodos lectivos máximos dunha hora que, independientemente da súa duración, computen como 60 minutos.

Esta ampla similitude de posicións que senta as bases para que se poidan producir avances no futuro.

Lamentamos que tivesen que pasar case 10 anos para que fosen conscientes desas coincidencias, porque durante a negociación do V Convenio os asinantes e actuais membros desa Comisión de Xornada non expuxeron a súa revisión (unha das causas polas que CCOO non o asinou).

Por que agora, a finais de 2017 comezan a recoller firmas? Por que agora queren trasladar as súas propostas á Comisión de Xornada? Seica non se constituíu en 2014? É posible que non avanzasen nesas hipotéticas negociacións?

CCOO é a resposta.