A IMPROVISACIÓN E A FALTA DE INFORMACIÓN NA XESTIÓN DOS INCENDIOS XERA PROBLEMAS NOS CENTROS EDUCATIVOS DA PROVINCIA DE OURENSE

Os niveis de polución debido os incendios forestais aconsellaban o peche de moitos dos centros da provincia.

CCOO Ensino denuncia a falta de previsión por parte da consellería de educación que só avisou do peche de 16 centros da rede de centros de Galicia a través das redes sociais do conselleiro en primeira instancia. 
CCOO Ensino cre que é evidente que os niveis de polución en vilas como Valdeorras, Trives, Castro Caldelas e na propia cidade de Ourense aconsellaban o peche dos centros debido o risco por fume tanto para os traballadores como para o alumnado. Só grazas as actuacións individuais dos propios centros que aplicaron o sentido común se prohibiron as actividades no exterior. 
CCOO Ensino denuncia que a consellería de educación non activara un protocolo de actuación, informando aos centros sobre as previsións de polución e as respectivas medidas preventivas a levar a cabo, deixando unha vez mais desamparada a toda a comunidade educativa.