Axudas para iniciar estudos universitarios

Prazo de presentación de solicitudes de 1 mes (até o 06/11/2017).

Publicada a Orde do 19 de setembro de 2017 pola que se convocan axudas para o inicio de estudos universitarios no curso académico 2017/18 nas universidades galegas. 

A dotación asignada será a do importe total da matrícula cuns máximos de:

> 862,90€ para as titulacións da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes.
618,10€ para as titulacións da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Comparte o que pensas