PRECARIEDADE, DESIGUALDADE E PERDA DE CALIDADE NO ENSINO É O BALANCE DESOLADOR DOS ÚLTIMOS ANOS EN OURENSE

Coa crise como excusa para o ataque o público o curso comeza cun 11% menos de aulas de infantil e primaria e un 11% menos de Mestres na nosa provincia respecto 2009.

O peche do CPI Tomas de Lemos de Ribadavia para o vindeiro curso 17-18 co engano a toda a comunidade educativa únese a esperpéntica xestión do ensino en Ourense nos últimos anos.