CCOO-Ensino denuncia trabas no recoñecemento médico

A lei 31/1995, de prevención de riscos laborais establece o dereito que teñen todos  os traballadores e traballadoras á vixilancia da súa saúde.

Mentres o resto das consellerías da Xunta de Galicia, marcan un prazo de un mes para inscribirse e solicitar data para este recoñecemento médico, a consellería de educación estableceu un prazo de 15 días naturais sin publicitalo en DOG.

A insuficiencia do prazo, a non publicidade en DOG e o mal funcionamento da plataforma telemática, impiden en moitos casos o acceso ao recoñecemento médico que contempla a lei.

Isto provoca un incumprimento ou cumprimento defectuoso das obrigas preventivas, en beneficio da consellería, por ter que adicar menos medios á satisfacción da obriga, dando unha aparaciencia do cumprimento da lei.

A Federación de Ensino de CCOO demanda:

  • ampliación do prazo a 30 días naturais, para inscribirse nos recoñecementos médicos, ao igual que o resto de consellerías.
  • información e medios suficientes, para que aqueles que carecen de correo corporativo, se lles facilite outro medio de inscrición ou medios para facelo dende o centro de traballo.

Esta situación non é nova, e a Federación de Ensino de CCOO leva presentado estas demandas nos últimos anos á consellería quen fixo caso omiso ás mesmas.

 

DESCARGA A NOTA DE PRENSA COMPLETA