CCOO-Ensino denuncia a resolución da convocatoria das prazas de atención preferente de modo unilateral pola Consellaría.

A Consellaría ven de publicar a súa resolución definitiva sen convocar á Comisión de Selección na que ten que haber presenza sindical.

Unha vez máis a improvisación e o saltarse a súa propia normativa son a carta de presentación da xestión da Consellaría de Educación, que acaba de publicar na súa web a resolución da convocatoria de prazas de atención preferente sen ter reunido á Comisión de selección.

A orde da convocatoria establece no seu artigo 5 que a selección destas prazas efectuarase mediante unha Comisión de Selección na que poderá haber presenza sindical con voz e sen voto. A Consellería decidiu de maneira unilateral non convocar ás OOSS no que parece unha forma de adxudicar as prazas de modo arbitrario e sen posibilidade de verificar se algún dos solicitantes cumpría ou non os requisitos

Esta decisión non fai máis que reflectir a política errática e improvisada desta Consellería e o desprezo polos seus traballadores e traballadoras ao ningunear aos seus representantes legais.

CCOO denuncia esta forma de actuar polo que non descarta emprender as accións que estean na súa man para reverter esta situación